Charla "Qué é un medicamento, como se descubre?"



O día 3 de marzo de 2017 dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado polo Departamento de Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada “Qué é un medicamento, como se descubre?".


Para elo contamos coa presenza de Luis M. Botana, profesor do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria de Lugo, que comentou dende unha prespectiva histórica a evolución dos medicamentos, dos seus principios activos e tamén cousas relacionadas coa industria farmacéutica, ou a problemática actual e futura das resistencias ós antibióticos. O alumnado mostrouse moi atento, facendo preguntas de interese ó final da charla.




Así mesmo ratificamos o interese desta iniciativa de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado diferentes saídas académico-profesionais .

Comentarios