CHARLA SOBRE XEOTECNIA

O día 22 de marzo de 2017 dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado polo Departamento de Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada “A xeotecnia ou porqué (normalmente) non se caen as estruturas”.



Para elo contamos coa presenza de Carlos Núñez Temes, profesor da Universidade Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo-USC, que comentou diferentes maneiras de evitar escorregamentos de terras na construción de infraestructuras como estradas ou túneles e tamén falou do asentamento de construcións como pontes, torres etc….Observamos exemplos cómo o “afundimento” da cidade de Mexico, a inclinación da Torre de Pisa ou a ampliación da Ponte de Rande. O alumnado mostrouse moi atento, facendo preguntas de interese ó final da charla.

Así mesmo ratificamos de novo o interese desta iniciativa de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado diferentes saídas académico-profesionais .

Comentarios