CHARLA "OS DRONES E A XEOMÁTICA"

O día 26 de abril de 2017 dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado polo Departamento de Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada “Os Drones e a Xeomática”.


Para elo contamos coa presenza de Jaime Rodríguez Pereña, profesor da Escola Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo-USC, que comentou que son os drones e o uso que se lles pode dar, dende cartografía, topografía, evolución dos incendios forestais, etc…, tamén comentou os estudos e aplicacións que abarca a Xeomática e outras inxenierias, así como as diferentes saídas profesionais das mesmas.




De novo ratificamos o interese desta iniciativa de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado diferentes saídas académico-profesionais.

Comentarios